Arquivos mensuais: Maio 2009

Crítica cine: “Petete y Trapito”

Petete-y-Trapito

FICHA TÉCNICA

  • Título: Petete y Trapito

  • Intérpretes: Pedro Domingo Suero, Enrique Conlazo, Marcelo Chimento, Cristina y Hugo

  • Equipo técnico:

-fotografía: Osvaldo A. Domínguez

-música: Nestor D´Alessandro

-efectos especiais: Osvaldo A.Dominguez

-animación: Néstor Córdova, Horacio Colombo, Natalio Zirulni, Carlos Alberto Pérez Agüero

-escenografía: Hugo Csecs, Walter Canevaro

· Arxentina

Duración:
88 minutos

Color

Animación
Infantil

Apta para todo público

ARGUMENTO:

Trapito é un espantapáxaros con corazón de ouro cravado ó chan que desexa ser libre. Un bo día coñece a un gorrión chamado Salapín ó que lle salva a vida e de ahí xorde unha bonita amizade. Isto se convertira nunha tenra historia chea de aventuras e perigos, risas e tamén instantes tristes. Entre os seus compañeiros aparecerán amigos coma Larguirucho, Espumita e Cabaliño de mar e tamém malvados inimigos coma o pirata Malapata e o Pulpo Cruel.

Sen dúbida algunha esta é unha das películas que ningún neno debería perderse. Como película infantil é moi sobresaínte posto que é divertida, amena e interesante. Ademais cunha animación máis que correcta para ser unha película do ano 1975, así coma as músicas moi pegadizas e alegres. Os personaxes son memorables para os nenos, quédanse con eles rapidamente e síntense identificados en certa maneira cos debuxos que ven.

O máis importante deste filme sen dúbida algunha son os moitos valores que transmite: tenrura, liberdade, compañeirismo, amizade, amor, compaixón, bondade…

Esta é unha película que non pasa de moda, a largometraxe que marca a infancia de todo neno e que, coma eles, está chea de ilusións. É unha boa forma de inculcarlle os nenos máis pequenos os grandes valores do ser humano a través dunha forma de entretemento amena e divertida para eles.

A mensaxe é clara vivir a vida con alegría, aproveitar a oportunidade de ser mellor persoas, vivir ó máximo, perseguir os noso soños…en definitiva ter unha ilusión.

Advertisements

Crítica cine: “Bratz Babyz”

1670

FICHA TÉCNICA

  • Título: Bratz babyz la película
  • Ano de producción: 2006
  • País: Estados unidos
  • Duración: 64minutos
  • Clasificación: Tódolos públicos
  • Distribuída por Sav

ARGUMENTO

As Bratz Babys: Cloe, Sasha, Jade y Yasmin, van ó lugar que máis lles gusta: o centro comercial.

Alí terán que quedarse na gardería pero elas prefiren pasar o día doutra forma así que escapan para irse de compras polo centro comercial a probar roupa.

Esta película é unha gran mostra da gran superficialidade que poden chegar a ter algúns directores. Non lla recomendo a ningún pai para os seus fillos xa que só trata de vender un prototipo de muller perfecta e tonta á que só lle gusta mercar roupa.

As protagonistas non son máis que unha nenas pequenas, uns bebes en teoría, pero a súa cara está constituída por rasgos marcados, labios regordiños e parece coma sempre foran pintadas, vamos o prototipo de muller actual que algúns queren proclamar.

O único que lles importa as protagonistas é ir mirar roupa aínda que así teñan que desobedecer os seus pais e escaparse dos seus coidadores da gardería.

Todo isto demostra que a película é unha clara mostra de superficialidade, onde se lle dan importancia a cousas absurdas e o único para o que serve é para ensinarlles mala educación os nenos.

Como facer unha vaca de papiroflexia

¡Solo lle  falta pacer na herba!

Manualidade da semana: o boneco lanudo

fotopresent

A manualidade desta semana consta de dúas partes. Para todo isto imos precisar: tesoiras, lapis, un vaso ou un compás para facer un círculo, cartón, lá, rotuladores ou lápices de cores.

IMOS ALÓ!

1º PASO-> Facer as nosas propias anillas. Imos precisar…

· Un cartón

· Un lapis

· Unha tesoira

· Un compás ou ben algo circular para tomar a medida da circunferencia

foto1

Para facer as nosas dúas anillas, necesitamos debuxar dous círculos.

Logo simplemente haberá que recortar o interior do círculo e establecer o ancho da anilla.

Nós farémola de, máis ou menos, 2 cm. de ancho.

foto2

Unha vez que teñamos as nosas anillas de cartón feitas, poderemos pasar ó segundo paso da manualidade

foto3

2º PASO: Forrar as nosas anillas. Para isto precisamos…

· As nosas anillas

· Lá: pode ser de moitas cores ou unha única lá dunha única cor

· Lápis

· Tesoiras

· Algo de cartón: podemos aproveitar os sobrantes de antes

foto4

Para este primer paso tan só necesitaremos a lá e as anillas de cartón.

Temos que xuntar as anillas. Coller un extremo da lá (coa que vaiamos comezar) e atala ás anillas desta forma. Despois, temos que irlle dando voltas de forma que a lá vaia rodeando as anillas ata que quede algo similar ó que temos na seguinte imaxen:

foto6


Agora nós, que queremos facer un boneco de dúas cores, imos coller a segunda cor: o rosa.

O grosor das lás é diferente.A lá de cor rosa é moito máis fina. Realmente o grosor da lá non importa pero tede en conta que canto máis fina sexa, máis voltas teredes que lle dar para encher as anillas así que para os máis pequenos a lá grosa pode facilitar o traballo.

Para empezar coa segunda lá, apartamos o primeiro ovillo (o violeta) a un lado, non cortamos nada, simplemente o apartamos. E collemos o ovillo rosa. Para comezar a traballar con el, temos que atalo igual que fixemos ó principio co violeta.

foto7

Empezamos a darlle voltas ó ovillo rosa intercalándoo cando queiramos co violeta. Podemos dar voltas cos dous ovillos á vez para que o noso bonequiño teña esparcidas as dúas cores por todo o corpo. Poden usarse tantos ovillos de lá como cores queirades que teña o voso boneco.

Tede en conta que cantas máis voltas lle dedes máis difícil vai ser recortar, así que vos aconsellamos que as recubrades ben pero sen esaxerar. Sempre ten que quedar o burato no medio, coa experiencia iredes vendo como vos gusta máis: máis ou menos pelo, máis cores, máis grande (para o que farían falta unhas anillas máis grandes), etc.

Unha vez terminado, recortade o fío de lá e facede un nudo forte ó redor das anillas. Facede o mesmo con cada ovillo que incorporáchedes. Deste modo, quedará unha anilla ben mullidita da que ningunha lá se poderá escapar. Acordádevos de cortar o fío de lá que quede despois de facelo nudo.

Agora imos precisar ós máis maiores porque toca recortar e non vai a ser tarea doada!

Imos ter que recortar polo lado exterior da nosa anilla de cartón. Unha vez que profundicemos coa tesoira poderemos metela entre as dúas anillas de cartón para facilitar a tarefa.

foto9


Unha vez que recortemos o lado exterior e queden á vista las anillas, colleremos un fiúncho de lá e o pasaremos por elas como se ve na anterior fotografía. Con este fío de lá faremos un nudo para que non se nos desfaga o bonequiño. Se despois de facer o nudo non cortamos o fío de lá que nos sobra, quedaranos un pompón e logo o poderemos aproveitar para colgar o noso boneco. Nós, en troques diso, imos cortarlle o fiúncho de lá. Así só nos quedará una boliña de lá perfecta.

foto10

Despois, debemos sacar os anacos de cartón que nos sobraron do primeiro paso xunto os lapis de cores para facer os ollos, pes, boca e todo o que queiramos para adornar ó noso bonequiño lanudo!

Aquí temos algunhas mostras:

foto8

Logo só temos que recortar e pegar as nosas pequenas obras de arte ó boneco para que nos quede un bonequiño lanudo semellante ó noso:

fotofinal

A decoración do bonequiño queda só ó voso cargo!Incluso podes intentar facer un boneco que se pareza a algún familiar ou ó teu mellor amigo!

Anímate a facer o teu bonequiño lanudo!

Poderás participar no concurso da manualidade da semana sacándolle unha foto ó teu bonequiño e mandándoa a petopeteito@gmail.com!

O conto interactivo

Poñede a proba o voso talento participando no conto interactivo!

Todos os escritores petopeteir@s poden axudar a escribir a historia do noso preciado personaxe Peto Peteiro. O xogo consiste en ir completando a historia en forma de cadea entre todos nós. Para isto, tedes que enviar ó noso correo petopeteiro@gmail.com a vosa consecución do relato que debe abarcar entre unhas 5- 10 liñas (máis ou menos, tampouco nos imos poñer farrucos). Despois o traballo pasa as nosas mans,  publicarémola xunto o voso nome e lugar de residencia.

Atrévete e demostra do que es capaz!

Aquí vai o que levamos ata agora…

1- Desde redacción Peto Peteiro escribimos:

Nunha pequena aldea, a xente non paraba de rebulir. Os comerciantes apuraban a pechar as súas tendas, os conductores deixaban os seus coches na rúa e saían correndo en estampida cara o centro da praza, os cativos saían da escola nunha longa fila encabezada pola profesora Patiluxia.

Unha multitude de xente se amontoaba na pequena praza onde se atopaba a casa dos Peteiro.

“Que pasa? Que acontece?”, preguntaban os cativos á profesora.

– A señora Peteiro acaba de ter un pitiño! Naceu Peto Peteiro!

Os pequenos parrulos non sabían que importancia podía ter o novo fillo dos Peteiro para causar tal asombro na vila.

– Quen é Peto Peteiro?

– Por que ven tanta xente?.- insistían

– Por que é tan importante?


A que agardas? Continúa a historia mandando un mail a petopeteiro@gmail.com!

¡Responde!

Crónica da vida nun hospital

CRÓNICA DA VIDA NUN HOSPITAL

 

Martín ten catro anos e dous pasounos nun hospital. Cando tan só tiña un ano detectáronlle un cancro no ril e tras moita espera no hospital, moitas probas e moita dor extirpáronlle o ril que tiña mal. O neno recuperouse e volveu a casa, estaba feliz e crecía san máis a vida non é xusta con este neno e actualmente volve estar no hospital esta vez xa con catro anos.

Os médicos atopáronlle unha especie de tumor nos osos localizado na parte das costelas e é que Martín sofre unha enfermidade moi rara posto que é propenso a ter tumores.

O feito de pasar tanto tempo da súa vida nun hospital fai q o ritmo de aprendizaxe de Martín sexa bo pero non coma os outros nenos, pero él segue adiante con alegría e disfrutando dos poucos entretementos da súa cama de hospital no que día tras día transcorre a súa vida:

 

10.00 Martín esperta rodeado de pelos, a quimioterapia fai que cada día se lle caian máis pero a el non lle importa sabe que é boa para curarse.

 

10.30 Chega o almorzo, leite con cacao e un paquetiño de galletas  e unha peza de froita.

Pouco despois de que Martín acaba de almorzar chega o médico para ver que tal esta. As enfermeiras pínchanlle no dedo para analizar a azucre e ver como esta hoxe cunha análise, mídenlle a tensión e compróbanlle o cateter do peito

 

11.00 O pequeno só quere xogar, non lle gustan os debuxos que botan así que vai para a escola do hospital. Alí as monitoras préstanlle libros de números e letras, pero pouco despois vai para o ordenador que tanto lle gusta para mirar fotos de animais e xogar a algún xogo na rede. A medida que van chegando os seus amigos deixa o ordenador e vai xogar con eles, o corro da pataca, a pelota, o escondite son algunhas das súas diversións.

O rapaz pasa dúas horas na escola vixiado por monitoras e enfermeiras

 

13.00 Volta para a habitación, mama acaba de chegar do traballo e quere velo.

 

13.30 é a hora da comida. Hoxe toca pescado con pataca cocida e de postre un iogurt e unha froita así que Martín nin está demasiado contento co que lle trouxeron hoxe, non lle gusta o peixe.

Os seus pais insístenlle ata que conseguen que o coma todo, pola tarde toca sesión de quimioterapia e hai que estar forte.

 

 14.30 Chegan visitas a irmá de Martín , Paula de sete anos vai velo coa súa avoa.

 

15.15 Chega a enfermeira, o meniño xa sabe o que toca e non lle gusta pero coma el mesmo di “ isto é para curarme”. Toca sesión de quimioterapia; o cateter é dicir, unha especie de vía no peito é o lugar onde lle insertan a agulla para a quimio. Durante o proceso ten que estar moi quieto posto que ten a agulla no peito, os pais intentan entretelo mentres dura a sesión que se prolonga durante toda a tarde.

Ó ser un neno tan pequeno non poden suministrarlle grandes doses de quimioterapia seguidas por iso as súas sesións duran tanto tempo posto que deben introducirlla moi pouco a pouco para evitar o máis posible os seus efectos nocivos no corpo.

Nesta ocasión vai durar cinco horas e media, nas que o neno ten que intentar non moverse moito, cousa nada fácil tendo en conta a súa corta idade.

Ó longo da tarde recibe máis visitas e iso encántalle porque non só ve a xente senón que coma o neno di “ moitas veces tráenme agasallos”. A sesión é bastante incómoda pero aínda así o neno está contento falando coa xente e xogando coas cousas que ten na habitación. As 18.00 comezan os seus debuxos favoritos e por fin para un pouco quieto entretido coa televisión.

 

20.45 Tras cinco horas e media de interminable espera para el, aparece a enfermeira para quitarlle a agulla, a sesión por fin rematou.

 

21.20 É a hora da cena, polo cunha menestra de verduras e un flan de postre. Martín non ten fame, a quimioterapia provoca dor de estómago e vómitos así que non pode comer moito se non quere vomitalo todo.

 

22.00 As enfermeiras van ver como esta, míranlle o catéter e os niveis de azucre e de tensión e danlle a medicación o rapaz para darlle forzas xa que o seu tratamento debilita moito.

 

22.30 Martín está moi cansado así que quédase durmido mentres ve a televisión. Mañá será outro día duro de quimioterapia na súa vida no hospital.

 

Este é un día na vida dun neno enfermo nun hospital. Martín leva xa bastante tempo loitando contra o seu cancro e aínda lle queda o máis difícil posto que dentro duns días será sometido a unha delicada intervención na que lle quitaran dúas costelas. Sen embargo o rapaz non ten medo, é forte e ten moita vida por iso vive cada día cunha sorriso nos beizos soñando co día en que poida volver á súa casa san e esquecerse das “súas” catro paredes de hospital.