Unha ollada á prosa infantil galega

   A traxectoria da prosa infantil e xuvenil galega é, polo de agora, de curto recorrido. Non é ata o ano 1950 cando se funda a primeira editorial que publica íntegramente en lingua galega : Galaxia. Ata ese momento, os nenos solo podían atopar historias adaptadas a eles na tradición oral popular, ou ben en publicacións de carácter esporádico que inculcaban na infancia e mocidade os principios morais que se quería que rexesen a sociedade : recompilar e recordar o pasado, defensa da lingua e do “sentimento da terra”, introducción dela mesma no sistema educativo, tentar establecer un elo coas literaturas e sociedades máis establecidas, etc…

 

  • 1950 a 1980 : formación e desenvolvemento

 

Pero na segunda metade do s. XX o cambio xa se podía observar de xeito claro. O establecemento de movementos de renovación pedagóxica e de asociacións culturais como son “O Facho” (1963), “Asociación Cultural de Vigo” (1965), “O Galo” (1968) ou “Abrente” (1969) foi un auténtico revulsivo na escea da literatura infantil, convocando numerosos premios tanto de poesía como de prosa e teatro. Á par, a irrupción de editoriais como son “Galaxia”, “Edicións do Castro”, “Celta”, “Castrelos”, “Cartonajes Anni”, “Eco Franciscano”, “Xistral” ou “Monterrey” dotaron de solidez ó movemento. Nas escolas comezan a usarse publicacións como son “O catón galego” de Ben-Cho-Shey (Xosé Ramón Fernández-Oxea) en 1969, “O galego na escola” de Xesús Alonso Montero e Marcos de Abajo en 1970 ou “Picariños” en 1975. O mundo da prensa non quedaría á marxe desto, e entre os anos 74-75 “La Región” acompañouse do suplemento “Axóuxere”, xunto con outras independentes como eran “Vagalume” no 75-78 ou “As Roladas” entre o 78 e o 81.

Ata o ano 1980, os principais referentes da literatura infantil foron as “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas , “A galiña azul” e “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” de Carlos Casares, “Os soños na gaiola” de Manuel María ou “Mar adiante” de María Victoria Moreno.

 

  • 1980 a 2000 : consolidación

 

Cá década dos oitenta recén comezada, viviuse un verdadeiro periodo de expansión deste tipo de literatura : creáronse novas editoriais (Xerais, Vía Láctea, Sotelo Blanco, Ir Indo, Edicións do Cumio ou Sálvora ), instauráronse numerosos premios literarios ( Merlín, Ala Delta, Raíña Lupa, Biblioteca do Arlequín, Rañolas), apareceron multitude de publicacións pedagóxicas baixo o paraugas do recén estreado Estatuto de Autonomía e da Lei de Normalización Lingüistica, e do mesmo xeito surxen revistas que tratan esta temática máis polo miúdo, como poden ser Chorimas, Papeles de literatura infantil ou Fadamorgana.

As correntes que se siguen nesta época no mundo da narrativa son moi amplas, froito do clima de expansión que se está a vivir :

-Contos e álbums infantís realistas e fantástico-realistas, con títulos como son “Dúas bágoas por Máquina”(1992) de Fina Casalderrey, “O día que choveu de noite”(1985) de Helena Villar, “O armario de Rubén”(1989) de Xavier Pérez Docampo ou “Lonxe do mar”(1991) de Agustín Fernández Paz.

-Novelas e relatos da vida cotiá e da sociedade en xeral : “Das cousas de Ramón Lamote”(1985) de Paco Martín, “Anagnórise”(1988) de María Victoria Moreno, “As flores radiactivas”(1989) de Agustín Fernádez Paz ou “O avó de Pipa”(1991) de Helena Villar.

-Relatos de aventuras de diversos tipos, como son “As aventuras de Breogán Folgueira” (1990) de Darío Xohán Cabana, “Expedición do Pacífico”(1994) de Marilar Aleixandre, “A viaxe alucinante de Peter o cosmonauta”(1986) de Xoaquín Agulla Pizcueta, “Investigación 091”(1989) de Pepe Carballude ou “O misterio das badaladas”(1986) de Xabier P. Docampo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s