Crónica da vida nun hospital

CRÓNICA DA VIDA NUN HOSPITAL

 

Martín ten catro anos e dous pasounos nun hospital. Cando tan só tiña un ano detectáronlle un cancro no ril e tras moita espera no hospital, moitas probas e moita dor extirpáronlle o ril que tiña mal. O neno recuperouse e volveu a casa, estaba feliz e crecía san máis a vida non é xusta con este neno e actualmente volve estar no hospital esta vez xa con catro anos.

Os médicos atopáronlle unha especie de tumor nos osos localizado na parte das costelas e é que Martín sofre unha enfermidade moi rara posto que é propenso a ter tumores.

O feito de pasar tanto tempo da súa vida nun hospital fai q o ritmo de aprendizaxe de Martín sexa bo pero non coma os outros nenos, pero él segue adiante con alegría e disfrutando dos poucos entretementos da súa cama de hospital no que día tras día transcorre a súa vida:

 

10.00 Martín esperta rodeado de pelos, a quimioterapia fai que cada día se lle caian máis pero a el non lle importa sabe que é boa para curarse.

 

10.30 Chega o almorzo, leite con cacao e un paquetiño de galletas  e unha peza de froita.

Pouco despois de que Martín acaba de almorzar chega o médico para ver que tal esta. As enfermeiras pínchanlle no dedo para analizar a azucre e ver como esta hoxe cunha análise, mídenlle a tensión e compróbanlle o cateter do peito

 

11.00 O pequeno só quere xogar, non lle gustan os debuxos que botan así que vai para a escola do hospital. Alí as monitoras préstanlle libros de números e letras, pero pouco despois vai para o ordenador que tanto lle gusta para mirar fotos de animais e xogar a algún xogo na rede. A medida que van chegando os seus amigos deixa o ordenador e vai xogar con eles, o corro da pataca, a pelota, o escondite son algunhas das súas diversións.

O rapaz pasa dúas horas na escola vixiado por monitoras e enfermeiras

 

13.00 Volta para a habitación, mama acaba de chegar do traballo e quere velo.

 

13.30 é a hora da comida. Hoxe toca pescado con pataca cocida e de postre un iogurt e unha froita así que Martín nin está demasiado contento co que lle trouxeron hoxe, non lle gusta o peixe.

Os seus pais insístenlle ata que conseguen que o coma todo, pola tarde toca sesión de quimioterapia e hai que estar forte.

 

 14.30 Chegan visitas a irmá de Martín , Paula de sete anos vai velo coa súa avoa.

 

15.15 Chega a enfermeira, o meniño xa sabe o que toca e non lle gusta pero coma el mesmo di “ isto é para curarme”. Toca sesión de quimioterapia; o cateter é dicir, unha especie de vía no peito é o lugar onde lle insertan a agulla para a quimio. Durante o proceso ten que estar moi quieto posto que ten a agulla no peito, os pais intentan entretelo mentres dura a sesión que se prolonga durante toda a tarde.

Ó ser un neno tan pequeno non poden suministrarlle grandes doses de quimioterapia seguidas por iso as súas sesións duran tanto tempo posto que deben introducirlla moi pouco a pouco para evitar o máis posible os seus efectos nocivos no corpo.

Nesta ocasión vai durar cinco horas e media, nas que o neno ten que intentar non moverse moito, cousa nada fácil tendo en conta a súa corta idade.

Ó longo da tarde recibe máis visitas e iso encántalle porque non só ve a xente senón que coma o neno di “ moitas veces tráenme agasallos”. A sesión é bastante incómoda pero aínda así o neno está contento falando coa xente e xogando coas cousas que ten na habitación. As 18.00 comezan os seus debuxos favoritos e por fin para un pouco quieto entretido coa televisión.

 

20.45 Tras cinco horas e media de interminable espera para el, aparece a enfermeira para quitarlle a agulla, a sesión por fin rematou.

 

21.20 É a hora da cena, polo cunha menestra de verduras e un flan de postre. Martín non ten fame, a quimioterapia provoca dor de estómago e vómitos así que non pode comer moito se non quere vomitalo todo.

 

22.00 As enfermeiras van ver como esta, míranlle o catéter e os niveis de azucre e de tensión e danlle a medicación o rapaz para darlle forzas xa que o seu tratamento debilita moito.

 

22.30 Martín está moi cansado así que quédase durmido mentres ve a televisión. Mañá será outro día duro de quimioterapia na súa vida no hospital.

 

Este é un día na vida dun neno enfermo nun hospital. Martín leva xa bastante tempo loitando contra o seu cancro e aínda lle queda o máis difícil posto que dentro duns días será sometido a unha delicada intervención na que lle quitaran dúas costelas. Sen embargo o rapaz non ten medo, é forte e ten moita vida por iso vive cada día cunha sorriso nos beizos soñando co día en que poida volver á súa casa san e esquecerse das “súas” catro paredes de hospital.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s