Arquivo da categoría: Á hora de ler…

O conto interactivo

Poñede a proba o voso talento participando no conto interactivo!

Todos os escritores petopeteir@s poden axudar a escribir a historia do noso preciado personaxe Peto Peteiro. O xogo consiste en ir completando a historia en forma de cadea entre todos nós. Para isto, tedes que enviar ó noso correo petopeteiro@gmail.com a vosa consecución do relato que debe abarcar entre unhas 5- 10 liñas (máis ou menos, tampouco nos imos poñer farrucos). Despois o traballo pasa as nosas mans,  publicarémola xunto o voso nome e lugar de residencia.

Atrévete e demostra do que es capaz!

Aquí vai o que levamos ata agora…

1- Desde redacción Peto Peteiro escribimos:

Nunha pequena aldea, a xente non paraba de rebulir. Os comerciantes apuraban a pechar as súas tendas, os conductores deixaban os seus coches na rúa e saían correndo en estampida cara o centro da praza, os cativos saían da escola nunha longa fila encabezada pola profesora Patiluxia.

Unha multitude de xente se amontoaba na pequena praza onde se atopaba a casa dos Peteiro.

“Que pasa? Que acontece?”, preguntaban os cativos á profesora.

– A señora Peteiro acaba de ter un pitiño! Naceu Peto Peteiro!

Os pequenos parrulos non sabían que importancia podía ter o novo fillo dos Peteiro para causar tal asombro na vila.

– Quen é Peto Peteiro?

– Por que ven tanta xente?.- insistían

– Por que é tan importante?


A que agardas? Continúa a historia mandando un mail a petopeteiro@gmail.com!

Advertisements

Unha ollada á prosa infantil galega

   A traxectoria da prosa infantil e xuvenil galega é, polo de agora, de curto recorrido. Non é ata o ano 1950 cando se funda a primeira editorial que publica íntegramente en lingua galega : Galaxia. Ata ese momento, os nenos solo podían atopar historias adaptadas a eles na tradición oral popular, ou ben en publicacións de carácter esporádico que inculcaban na infancia e mocidade os principios morais que se quería que rexesen a sociedade : recompilar e recordar o pasado, defensa da lingua e do “sentimento da terra”, introducción dela mesma no sistema educativo, tentar establecer un elo coas literaturas e sociedades máis establecidas, etc…

 

  • 1950 a 1980 : formación e desenvolvemento

 

Pero na segunda metade do s. XX o cambio xa se podía observar de xeito claro. O establecemento de movementos de renovación pedagóxica e de asociacións culturais como son “O Facho” (1963), “Asociación Cultural de Vigo” (1965), “O Galo” (1968) ou “Abrente” (1969) foi un auténtico revulsivo na escea da literatura infantil, convocando numerosos premios tanto de poesía como de prosa e teatro. Á par, a irrupción de editoriais como son “Galaxia”, “Edicións do Castro”, “Celta”, “Castrelos”, “Cartonajes Anni”, “Eco Franciscano”, “Xistral” ou “Monterrey” dotaron de solidez ó movemento. Nas escolas comezan a usarse publicacións como son “O catón galego” de Ben-Cho-Shey (Xosé Ramón Fernández-Oxea) en 1969, “O galego na escola” de Xesús Alonso Montero e Marcos de Abajo en 1970 ou “Picariños” en 1975. O mundo da prensa non quedaría á marxe desto, e entre os anos 74-75 “La Región” acompañouse do suplemento “Axóuxere”, xunto con outras independentes como eran “Vagalume” no 75-78 ou “As Roladas” entre o 78 e o 81.

Ata o ano 1980, os principais referentes da literatura infantil foron as “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas , “A galiña azul” e “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” de Carlos Casares, “Os soños na gaiola” de Manuel María ou “Mar adiante” de María Victoria Moreno.

 

  • 1980 a 2000 : consolidación

 

Cá década dos oitenta recén comezada, viviuse un verdadeiro periodo de expansión deste tipo de literatura : creáronse novas editoriais (Xerais, Vía Láctea, Sotelo Blanco, Ir Indo, Edicións do Cumio ou Sálvora ), instauráronse numerosos premios literarios ( Merlín, Ala Delta, Raíña Lupa, Biblioteca do Arlequín, Rañolas), apareceron multitude de publicacións pedagóxicas baixo o paraugas do recén estreado Estatuto de Autonomía e da Lei de Normalización Lingüistica, e do mesmo xeito surxen revistas que tratan esta temática máis polo miúdo, como poden ser Chorimas, Papeles de literatura infantil ou Fadamorgana.

As correntes que se siguen nesta época no mundo da narrativa son moi amplas, froito do clima de expansión que se está a vivir :

-Contos e álbums infantís realistas e fantástico-realistas, con títulos como son “Dúas bágoas por Máquina”(1992) de Fina Casalderrey, “O día que choveu de noite”(1985) de Helena Villar, “O armario de Rubén”(1989) de Xavier Pérez Docampo ou “Lonxe do mar”(1991) de Agustín Fernández Paz.

-Novelas e relatos da vida cotiá e da sociedade en xeral : “Das cousas de Ramón Lamote”(1985) de Paco Martín, “Anagnórise”(1988) de María Victoria Moreno, “As flores radiactivas”(1989) de Agustín Fernádez Paz ou “O avó de Pipa”(1991) de Helena Villar.

-Relatos de aventuras de diversos tipos, como son “As aventuras de Breogán Folgueira” (1990) de Darío Xohán Cabana, “Expedición do Pacífico”(1994) de Marilar Aleixandre, “A viaxe alucinante de Peter o cosmonauta”(1986) de Xoaquín Agulla Pizcueta, “Investigación 091”(1989) de Pepe Carballude ou “O misterio das badaladas”(1986) de Xabier P. Docampo.