Arquivo por etiquetas: educación

¡Responde!

Cando un neno vive nun hospital

Non tódolos nenos viven cos seus país nunha casa, están nun fogar confortable e nun ambiente familiar idóneo. Por desgraza son moitos os pequenos que teñen que pasar a maior parte da súa infancia nun hospital debido a enfermidades crónicas graves e que precisan atención médica constante.

A infancia é a fase máis importante na educación dos nosos fillos e na súa aprendizaxe por iso preguntámonos ¿Qué pasa cando un rapaz ten que deixar a escola para vivir nun hospital?. Para averigalo quixemos adentarnos no Hospital Clínico de Santiago de Compostela, exactamente na planta de oncoloxía onde se encontran(buscar nume apox y edades) os nenos con cancro. Estes nenos non poden recibir a mesma aprendizaxe e contidos que recibirían nunha escola normal posto que a maioría deles tense que estar sometendo continuamente a sesión de quimioterapia moi dura e que os debilita moito.

A pesar de isto o hospital quixo poñer unha pequena escola con numerosos xogos, ordeadores, e persoal especializado.

Os mais pequenos de tres a cinco anos non teñen un ensino tan especializado coma no colexio pero os monitores, entre os cales se encontran dúas profesoras tituladas, ensínanlle o básico a través de fichas e xogos didácticos. Os pequenos están moi cansados de pasarse o día na habitación por iso cando abre a escola do hospital están encantados de poder asistir ó que para eles é un xogo. Conta ademais con algúns ordenadores e con internet e os nenos poden usalos sempre que sexa baixo a supervisión dun adulto.

Ó hospital acoden voluntarios ou persoal contratado polo mesmo para contarlles contos ós nenos, facerlles xogos con marionetas ou mesmo cantarlles cancións populares, o que sexa con tal de amenizar un pouco a vida tan dura que teñen que vivir.

A escola fai ademais de biblioteca xa que contan con numerosos libros e incluso xogos de mesa que os rapaces poden levar para xogar cos seus pais ou coas visitas nas súa propia habitación que o fin e o cabo para eles é unha especia de fogar en pequeniño.

O persoal está especializado no coidado deste tipo de enfermidades e máis en persoas tan pequenas.Ademais hai mestras que son as que se encargan das fichas que fan os nenos de explicarlles as cousas, etc.

Cando se trata de rapaces mais maiores , a partir dos seis anos, cando xa empezan en primaria, o ensino nesta escola xa é mais especializado. Estes nenos xa teñen horas fixas, sempre que o tratamento o permita, para acudir as distintas clases de galego, lingua, matemáticas, ingles…o mesmo ca nun colexio normal. As mestras póñenlles deberes para que fagan na habitación, dentro das posibilidades que ofrece o hospital é coma unha escola de verdade, onde se lles avalía e se lles coida coa súa enfermidade ó mesmo tempo.

Algo moi curioso e que quixemos destacar é que a este tipo de clases non só acoden estes nenos enfermos xa sexa de cancro ou do que sexa, senón que incluso nalgúns casos acoden nenos que non están ingresados no hospital pero que teñen algún problema de concentración, atención…nenos que requiren unha atención especializada.

Estes nenos acoden o colexio normal fora do hospital e traen os deberes a escola do hospital para facelos coas mestras e que esta lles poidan explicar o que non entendan, xa que aquí a atención para estes nenos con problemas é máis individualizada.

En definitiva hoxe en día os hospitais galegos aportan unha alternativa eficiente, humana e cunha dedicación especial e moito cariño os nenos enfermos, para así facerlles un pouco máis fácil a vida entre catro paredes, a vida nun hospital.