Arquivo por etiquetas: entrevista

Lois Ferradás ,Decano da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e profesor titular do departamente Didáctica e Organización Escolar da USC

Lois Ferradás é:

  • Decano da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e é o profesor titular do departamente Didáctica e Organización Escolar da USC
  • Vicepresidente de Irimia
  • Contribuíu a pór en marcha Preescolar na Casa, programa de axuda para as familias e a educación e coidado dos máis novos da casa
  • Asesorou o Consorcio responsable das galescolas
  • Autor de libros e artigos como: Formar unha familia adoptando tres criaturas, Da escola infantil à escola primaria: problemas e perspectivas: O punto de vista dos profesionais (xunto Lourdes Taboada de Zúñiga Fernández), etc.

<<No sistema escolar pérdese moito tempo>>

ENTREVISTA

Ana Belén Costoya Viqueira

1.- Que problemas considera que ten a educación, sobre todo a primaria, nun ámbito galego?

En primaria, en xeral, non se está detectando moitos problemas. Hoxe en día a maioría dos problemas que se detectan no conxunto do sistema educativo sitúase máis ben na secundaria. E aí temos algún problema como é un número moi grande, arredor dun 30%, de alumnado que non acaba os seus estudos.

Na primaria os problemas están máis ocultos, non aparecen con este fracaso nin cos problemas de conduta ou de xestión nos centros. Quizais o que pasa na primaria ten que ver cun certo desfase entre o que se está facendo e o que son as necesidades destes cidadáns que van a vivir a súa vida laboral dentro de 10-20-30 anos que van necesitar instrumentos de coñecemento que non están tendo. Deste modo, vemos despois o fracaso na aprendizaxe de linguas, deficiencias tamén no uso das novas tecnoloxías, que non só se debe utilizar para os xogos senón para aprender a través delas. Temos unha educación que se centra no coñecemento en si mesmo, por tanto máis escolar, máis en reproducir o que está nos libros para aprobar e facer o curso seguinte cunha finalidade escolar en si mesma e non está servindo para entender as cousas de actualidade e intervir nelas. Non é un coñecemento útil e utilizable.

2.- Subindo xa a un nivel máis amplo vemos como o sistema educativo en xeral, ademais, está moi ligado á política. Coa subida dun goberno ou doutro múdanse os sistemas, o máis recente que temos en Galicia é o cambio de galescolas-escolas infantís. Que acontece con esta relación educación-política?

A educación é un campo importante de realización da política no sentido en que un goberno pode atribuír máis diñeiro, máis medios a educación ou a sanidade ou as infraestructuras e esa é unha decisión política. Dalgunha forma é normal que na educación se proxecten prioridades desde un pusto de vista político. O que non é tan normal é facer da educación un campo de loita idolóxica e que as asignaturas cambien en función da cor do partido que goberne nese momento, iso si que xa non é tan respetable. De todas maneiras as veces esaxérase, cando se di que houbo moitas leis de educación ó longo da democracia e iso de que cada un poñía patas para arriba o que facía anterior, eso non é de todo certo. As leis que regulan o que é o sistema educativo tiveron algúns cambios pero non mudou tantas veces o sistema educativo como cambiaron as leis, por exemplo a última a MALOE prácticamente asume o sistema anterior cuns lixeiros cambios, nun esquema básico ven sendo como a anterior LOXSE.

Con respecto as galescolas, partimos dunha situación de base moi deficiente. A cobertura, a porcentaxe de nenos e nenas de entre 3 anos, que tiñan acceso a unha praza pública era case nada. Por tanto, partimos dun nivel de cobertura ínfima se o comparamos coa media dos países europeos. Co cal o goberno ten que facer o esforzo de crear prazas públicas en zonas rurais, e o anterior bipartito fíxoo aínda que non o puidese culminar. Aquí creo que se cometeron algúns erros por partes dos que gobernaban, dos que criticicaban e tamén dalgúns medios de comunicación. Estos servizos básicos puxéronse na axenda do debate político e houbo xestos que fixeron dano a este proxecto que algúns esaxeraron interesadamente, sacándolle punta a temas como pode ser o do idioma, mandilón, himno… e que moitas veces son auténticas caricaturas do que pasaba.

Isto que debería ser do campo do consenso como é que debemos ter trens rápidos ou que debemos ter boas estradas ou un sistema sanitario sen listas de espera, iso que ninguén discute para outros campos, sí se discute para estes outros. Creo que é un error de tódolos políticos o poñer a educación no campo da disputa idolóxica porque é unha necesidade básica que teñen as familias e os nenos.

3.- Poden que estos problemas relacionados co sistema educativo poida ser un dos facotres principais para que se opte pola escolarización na casa?

Explorando un pouco este movemento de escolarización en casa que bordea a situación legal, vese que xeralmente se trata dun tipo de familias un pouco fóra do común, cunha formación superior na mairía dos casos, unhas profesións que lles permite ter uns horarios máis flexibles, non traballan, viven das rendas… O que lles permite poder adicar máis tempo á educación dos seus fillos que a maioría das familias que non teñen máis remedio que compartilo co sistema escolar.

A miña impresión, sen ser un experto nesto, é que hai unha crítica a como se está desenvovlendo o sistema educativo. Eu concordo en cousas como que no sistema escolar pérdese moito tempo, e moitas veces dedicándose a tarefas rutinarias sen ningún interese. É verdade que hai ambientes que son hostís para o ben estar dos nenos, son agresivos e non acolledores, pero tamén hai ansia e desmedida de sobreprotección dos nenos e non queren que se “contaminen” na relación con outros cativos ou outros valores.

Para esa crítica, non fundada, coñecemos de vez en cando casos excepcionais fóra do común e nenos que progresan moitísimo nestas condicións que non son as máis común pero creo que manter a uns nenos aislados en casa cos seus iguais ou outros adultos protexidos nun ambiente a parte é privalos dunha experiencia fundamental de persoas de coñecer, de establecer lazos con outros adultos e outros nenos. Sen negar estas deficiencias que ten esta educación colectiva e que deben ser correxidas, non temos dereito a someter a nenos pasar 5-6 horas ó día en ambientes hostís onde prevalece a súa experiencia ó fracaso.

4.- Pedagóxicamente, é mellor aprender colectivamente con nenos da túa idade que na túa casa aínda que se defenda que a educación no fogar poida ser defendida como a máis natural?

A educación non é propiamente natural, é un feito social. Por tanto, non hai unha forma neutra, natural de facelo e outra oficial. Todo ten unha base biolóxica pero vaise construíndo na relación e persoas coas súas interpretacións, creencias, valores, linguaxe… Tradicionalmnte os primeiros anos era un campo da familia que a partir dos 6 anos era compartido coa escola, moitas veces cun mestre para toda a vida, e, actualmente, é un feito moito máis colectivo.

Os nenos e as nenas desde que nacen teñen a capacidade de establecer vínculos. É dicir, o ser social é algo que se aprende e é algo que ven na nosa equipaxe cando nacemos. Polo tanto, o camiño natural é establecer vínculos non só cos pais ou coas figuras de apego máis inmediatas. As relacións vanse abrindo progresivamente e nos primeiros anos debe ter clara unha claridade e non un corte, debe haber parecidos e conexión co que aprendeu coa familia. E aquí, corroboro coa experiencia en Preescolar na Casa, mesmo en lugares relativamente pobres en tanto a bens de consumo pode ser riquísimo na estimulación da linguaxe, no descubrimento de obxetos… Non hai ambiente familiar que non poida ser rico e non poida estimular adecuadamente ós nenos. Agora ben, nas actuais circunstancias coa feliz incorporación das mulleres ó mercado laboral, a crianza e a educación dos nenos é compartida desde os primeiros anos con outras instancias e iso, se se fai ben, é formidable.

Houbo un tempo no que se discutía se se facía ben ós nenosen ir as chamadas garderías, hoxe chamadas escolas infantís. Hoxe en día, xa ninguén discute iso porque a mesma demanda que os nenos fan de que se aburren na casa e teñen gañas de ir é o mellor certificado do que estou decindo. Iso si, debe reunir determinados requisitos de confortabilidade que ten que ver coa temperatura, ausencia de perigos físicos, luz, estar recoñecidos como persoas distintas… Se se dan estas condicións xa non se discute se se fai ben. Os traballadores alí xa non son substitutos das nais, son profesionais.

5.- En Galicia, funciona Preescolar en Casa que traballou na relación escola-pais, pero ademais desta hai alguna outra organización que traballe esta relación ou a anterior mencionada práctica de escolarización na casa, hai alguna outra vía de axuda no ámbito galego?

Eu non coñezo outras experiencias polo menos cun programa amplo. Hai algunas escolas que se toman en serio a relación coa familia onde son ben acollidas e se conta con elas e incorporalas en certas actividades, traballae a doble dirección.

En Galicia non coñezo outros programas diferentes de Preescolar Na Casa pero en cada lugar faise dunha forma algo diferente. O fundamental é aproveitar a riqueza do ambiente que hai dentro da casa, pero tamén na piscina municipal, na biblioteca, no parque, nas empresas, os conservatorios, para axudarlle as familias a estimular a estes nenos xa desde pequenos porque eles non agardan, desde pequenos están desenvolvendo as súas capacidades.

6.- Con isto, un método alternativo de educación, como a escolarización na casa, deberíase regularizar?

Eu creo que si. Penso que debería permitirse por que hai motios camiños para chegar a ser un adulto culto e educado, rompendo coa idea moi típica dos réximes autoritarios e ditatoriais que buscan uniformizar como no exército. Cada persoa ten o seu camiño aínda que poidamos coincidir en moitas cousas que compartimos como o idioma no que nos estamos entendendo, trazos culturais… Pero tamén, dalgunha forma, as combinacións que fagamos con iso son diferentes en cada persoa. Por tanto, é correcto recoñecer o dereito de educarse de moitas maneiras. Penso que a regularización da escolarización na casa sería moderno, progresista, recoñecedor da riqueza da orixinalidade das persoas, expresión da liberdade e a capacidade das persoas para crear e adaptarse. Polo tanto, son partidario de que a escolarización en casa se permita pero con algúns controis porque en aras do que acabo de dicir tamén se poden facer excesos. Sobre todo hai que ter sempre en conta que non estamos tratando simplemente unha libre decisión dun adulto, senón que estamos condicionando o desenvolvemento de persoas que aínda son dependentes e non teñen a capacidade de tomar decisión sobre a súa vida. Por tanto, debemos protexer ós menores dos excesos aínda que sexan ben intencionados. Pero, con estos controis, será observar, contestar, coñecer en que consiste esta educación alternativa, pensó que esto tería moitos beneficios.

7.- Se tivese que optar unha modalidade educativa: a educación pública ou a escolarización en casa?

Eu pola miña formación prefiero a pública, paréceme que de entrada ofrece máis garantías. Pero tamén reclamo a miña experiencia como pai, as deficiencias da pública que deberían ser correxidas. Hai moita rutina, hai desconsideración do diferente, xúlgase como natural que fracasen. E digo porque son partidario da pública porque é a garantía de que todos, independentemente dos seus medios e clase social, participen desta experiencia que é case a única que temos en común como cidadáns. Como porta da cidadanía democrática, paréceme fundamental manter o sistema de educación pública ó mesmo tempo que me parece aceptable, como xa dixen antes, que outros escollan con liberdade con algúns controis a educación que lle dan ós seus fillos. Creo que non se pode construír unha sociedade aberta e democrática, sen un bo sistema de educación pública, agora é necesario seguramente fertilizala e ter en conta as necesidades de cada un en particular. Non é normal que un neno empece a ir mal no mes de outubro ou no mes de novembro e se continúe realizando o que se seguía facendo ata que ó final suspende. Non se fixo nada para axudar á ese neno que ía mal máis que seguir a rutina. Creo que isto é o que hai que cambiar. O sistema público non está funcionando ben, hai un absentismo grande, hai moita rutina. No fondo non se asume en España, e en Galicia en particular, que a educación para todos é ata os 16 anos porque aínda está aquela mentalidade antiga de que a partir dos 10 anos hai unha educación de calidade para os que van facer bacharelato ou estudos superiores, e outro sucedáneo que están por facer algo mentres tanto e que coas catro reglas é suficiente. Non se asume que ata os 16 todos os cidadáns teñen dereito a educación de calidade que lles permita acceder como persoas cultas, con instrumentos culturais para aprender a moverse con autonomía e eficiencia nesta realidade.

Mais as cousas non son brancas ou negras, eu son defensor do publico pero dun publico diferente que hai que modificar. Énchesenos as boca moitas veces falando de Finlandia pero este país paga moi ben ós seus profesores, seleccionaos moi ben, e os apoia e cando un neno comeza a fracasar, empézaselle a axudar nese momento, non ó final. Recordo ter nalgunha ocasión unha entrevista cun inspector cando os pais nos queixabamos do que estaba pasando e o queríamolo remediar no primeiro trimestre, el dicía: “se ó final non estades dacordo coa calificación que deu o mestre, reclamades”. Pero o que pasa, eu vou reclamar sobre o suspenso seguramente merecido? Prefiro non ter que chegar a esa situación e que se remedie antes.

8.- Que deberían facer, tanto os cidadáns como os gobernantes, para mellorar o sistema educativo?

De entrada, é complexo. Non se pode dicir eu teño aquí a solución máxica porque é unha situación das máis complexas na que interveñen moitas persoas, moi diferentes e c on ideas diferentes. Por tanto, se é unha situación complexa non vai ter unha solución simple.

Algunhas pistas as podemos ter. O primeiro que se entende e que está ben, pero é insuficiente, é que hai que poñer medios. Así se un profesor está de baixa, poida ser inmediatamente substituído, hai que poner medios para que os profesores que ensinen inglés saiban inglés, e por tanto o practiquen, se actualicen en tanto a métodos de ensino. É necesario que as familias entendan que elas teñen unha parte nesto, non só demandar ó centro se non implicarse. Para isto o centro ten que demostrar ás familias que cando van alí son benvidas, facilitarle falar co teléfono cos tutores e non ter que prender unha persecución para localizalo… As familias deben implicarse e os centro deben recoller e reforzar ese interese.

Eu como mestre, pedagogo,e neste momento como responsable desta facultade que forma profesores, creo que nos xogamos moito na actualización e no reclutamento do profesorado. É escandaloso o que se está facendo coa incorporación do profesorado chamados interinos, estos que entran por anos de servizo aínda que os exames que estean facendo sexan infinitamente peores que os de outras persoas. É algo que se lle deu, cando se redactou a lei, por presión dos sindicatos que quixeron meter no sistema un peso morto porque dos interinos hai xente moi boa pero tamén hai xente que pasa completamente desta formación e selección do profesorado.

Persoalmente apoio a innovación, vexo que se vai reducindo o sistema permanente de formación de profesorado que na maioría de casos se reduce a cursos ou outras actividades que realmente non axudan a cambiar a práctica cotidiana das aulas. O Ministro decía, e eu creo que o teño escrito nalgunha ocasión, que necesitamos un liderazgo que provoque un pacto de que temos que buscar puntos en común porque se fallan algún destes elementos, ben falla a formación e implicación do profesorado ou a organización dos centros ou falla a inspección, se fallan os pais, se fallan os cartos, calquera destas cousas que fallen fan que o sistema se nos veña abaixo. Se precisa un pacto para dicir vamos a empurrar todos como os canteiros tiñan que erguer as pedras grandes para facer as paredes cando non había máquinas coma hoxe ou como cando van remando nos barcos e teñen que levar un ritmo conxunto. Isto tamén, dar o berro do compromiso para facer forza todos xuntos. Creo que o único camiño vai ser buscar este acordo e ata o de agora, faltou este liderazgo tanto no nivel de Galicia coma no estatal. En base as liortas ideolóxicas que nos fan ver problemas onde non os hai, está todo moi condicionado pola ideoloxía e o proveito partidario. Necesítase un pacto nos que ante unha situación de necesidade desde os sindicatos, desde os partidos, se empuxen conxuntamente. Creo que na educación sería necesario igual que nas cesións (Pacto de Toledo) na que estamos todos dacordo que hai que protexelo e deixar de ser o campo prioritario da loita política e convocar ós distintos axentes a facer este pacto, cada un poñendo o mellor que poida para sacar isto adiante.

9.- Como último punto e a modo de remate, gustaríalle engadir algunha das súas experiencias?

En tanto os puntos que tocamos, dicir que a implicación das familias é decisiva especialmente nos primeiros anos. É unha base, por unha parte afectiva dos primeiros vínculos, a identificación, a seguridade básica. A parte desto, nas familias aprendemos a falar que é a conquista máis importante que facemos como persoas, e aprendemos a situarnos no mundo social que nos rodea.

Quizais en contraposición coa reducción que tradicionalmente se fai de educación igual á escola, a educación é moito máis ampla e empeza antes. E esa creo que é unha das cousas que aprendín na miña vida, os camiños parar ser persoas educadas e competentes as veces son sorprendentes e cada vez máis abertos, a diferenza de cada un. Isto supón romper cos clichés máis uniformadores cos que moitos fomos educados: único libro de texto, único exame, única forma correcta de escribir… Esta forma tamén constata un dano porque o mundo cambia a unha velocidade e a unha amplitude nunca antes visto. Estas persoas son educadas a través de repetir e non explorando e experimentando, deste modo non se están preparando para este mundo.

Temos cousas boas que se manteñen entre nós pero creo que debemos aprender dos nosos veciños máis do norte. Deberíamos suprimir dous tercios das cousas que se aprenden, aliviar os programas, escoller algunas desas, estudialas en profundidade seguindo o camiño da propia experiencia, non aprender palabras que logo repites sen comprender o que quere dicir porque iso é unha perda de tempo, é mellor estar lendo novelas. Hai que seguir o camiño da experiementación, observar, buscar explicacións… é dicir, un coñecemento máis baseado na experiencia. Ademais este método é moito máis democrático porque non favorece a uns e perxudica a outros senón que beneficia a todos, dá unha base real de experiencia que logo se representa formalmente e se aprende a intervir nela. Doutra forma, o sistema actual favorece as persoas máis sumisas, que reteñen máis fácil, e en cambio as persoas máis activas as que lles gusta aprender con todo o corpo quedan marxinadas ou provocan problemas. De aquí ven a necesidade de cambio de modelo, de como se debe aprender. Debe aprenderse cun coñecemento que sirva para usar, non só especulativo e verbal, e a través de procedementos activos. Nunha clase de química, é verdade que se pode aprender no encerado pero é fundamentalmente no laboratorio observando que é o que pasa, e a partir de aí si que se pode formalizar o coñecemento e xeralizar a outros contextos. Doutro modo, é un coñecemento superficial que non serve para nada. Isto que acontece o atopamos en todo o sistema, ata na universidade. Os alumnos as veces pregúntanos cando facemos cousas diferentes “a ver onde están os apuntes para chapar?” porque eso é o que saben facer e no que se sinten cómodos. Esto si que é un problema que tamén se ve corroborado nos informes Pisa (Programa Internacional para a Evaluación de Estudantes). Por que quedamos por debaixo da media? Pois porque o noso sistema educativo non prepara para un coñecemento útil.