Arquivo por etiquetas: escola

¡Responde!

A escolarización na casa


Porque un sabio dixo unha vez: “… atención, os recursos, o amor que unha sociedade dedica ós seus nenos máis pequenos indican como é de grande para esa sociedade a preocupación polo sue futuro, cantos dereitos recoñece ós cidadáns das futuras xeracións”. Tonucci, 1997, p. 5.

ARTIGO

Ana Belén Costoya Viqueira

Personaxes famosas como Agatha Christie, Mozart, Edison ou o xoven Christopher Paolini.- lanzado á fama ós 15 anos coa súa primeira novela Eragon.- non recibiron a educación básica na escola senón que, por diversas razóns, os seus responsables optaron por unha alternativa educativa: a escolarización en casa.

Hoxe en día, en España, non estar escolarizado entre os 6 e 16 anos é unha práctica ilegal. Mais para moitas familias non é unha traba operar á marxe da lei xa que contan co respaldo de diferentes asociación que loitan polo dereito a decidir o tipo de educación que queres ofrecer ós teus fillos. No ámbito nacional, o exemplo o pon a Asociación de Libre Educación (ALE) que leva desde o 2002 traballando a prol da regularización da escolarización na casa ou homeschooling. As familias e asociación que defenden e realizan esta práctica ampáranse no Código Civil onde se recolle expresamente que se debe otorgar unha educación, pero de forma contraria non inclúe nada da obrigación a escolarización.

Outra iniciativa para informar e intentar regularizar, aínda que non sexa por lei, é a encuesta que está levando a cabo Carlos Cabo para a elaboración da súa tesis doctoral. O cuestionario vai dirixido ós pais que renuncian á escolarización de forma que asumen eles mesmos a responsabilidade da formación dos seus pequenos. Grazas a internet, están xurdindo cada vez más portais de información acerca deste método de ensinanza no fogar a través de blogs que realizan as propias familias mostrando as actividades que realizan e como aprendenos seus fillos á vez que disfrutan delas, ou incluso propoñendo citas con outras familias que practican esta mesma modalidade educativa.

Un dos casos máis polémicos que houbo en España tivo lugar a finais de decembro do 2007 cando A Junta de Andalucía pretendía quitar a custodia do seu fillo a uns pais que optaran pola desescolarización. Os pais pertencían a Asociación para la Libre Educación (ALE) e estaban supervisados por s un centro californiano especializado no homescholing. A Junta de Andalucía obrigounos a enviar ó seu fillo de 11 anos a escola antes do 15 de xaneiro xa que, de non facelo, sería declarado “en desamparo” segundo a Lei de Dereitos e Atención ó Menor. O abogado da familia, Xosé Antonio Salazar, explicou como o menor, que ten un profesor na casa, non foi nunca a unha escola pública nin privada pero que é un neno “perfectamente integrado no seu entorno, ten amigos e a súa ensinanza está supervisada por un centro de California (EEUU)” o cal está especializado na educación libre.

A problemática sobre esta modalidade educativa ven dada da man do baleiro informativo que existe, cada reportaxe ou artigo que aborda este tema presenta a súa propia porcentaxe de familias que optan por educar ós fillos nos seus fogares ou en escolas alternativas. Os últimos traballos determinan a cifra en 2.000 familias españolas. O punto final para esta desregularización pode estar a piques de chegar para Cataluña coa enmienda nº 170* establecida na reforma na Lei de Educación de Catalunya apoiada polo actual Goberno da Generalitat de Catalunya (PSC, ICV e ERC).

A escola como obxeto crítico

O certo é que que a escola tal como a coñecemos, é un instrumento moi recente de socialización. Moitos críticos, como o Prof. Dr. D. Mariano Fernandez Enguita declara no seu artigo Sociedade, emprego e escola, que a escola reproduce na súa forma de actuar o goberno que nese momento está ó fronte. Así na Ditadura tiñamos un profesor que representaba a unha figura autoritaria que daba coa regra nas unllas, mandaba ponerse de xeonllos cos brazos alzados e soportando libros nas palmas das mans. Agora, cunha democracia parlamentaria, os alumnos aprenden a delegar o seu poder a outras persoas. Así nace o Consello Escolar onde se atopa a presenza dos proxenitores (representate da Asociacion de Nais de Pais), dos profesores (director, xefe de estudos…) e a representación dos alumnos. Os alumnos para chegar a esta representación teñen que escoller a un delegado de clase e, despois entre todos os delegados, escoller a un representante xeral. Este método de delegación de poder prepara ós alumnos ó sistema político co que se van atopar. A escola os prepara como cidadáns que van responder ante o seu propio sistema. “Cada réxime político, calquera que sexa a súa natureza, apresúrase a servirse da escola para lograr consenso arredor do propio”, explica Mariano Fdez Enguita. A escola procede directamente á inculcación dos coñecementos, valores e actitudes que favorecen a perpetuación da estrutura política da sociedade que forma parte. O exemplo máis claro, recenté e próximo o temos aquí en Galicia. Acabamos de saír dun goberno de bipartito do PSOE e BNG que, entre outras reformas e innovacións educativas, crearan as galescolas que tiña iniciativas como a de poner dous profesores por cada aula e educar no idioma oficial galego. Coa subida do Partido Popular (PP) á Presidencia da Xunta, a implantación deste novo proxecto educativo viuse suprimido voltando ás antigas escolas infantiles.

O profesor Enguita expón que “a educación entra no mercado. A maioría acepta que non se pode posuír grandes propiedades a partir da nada, pero si se pode escalar na xerarquía das organización burocráticas públicas e privadas-as empresas- grazas á educación. A promesa é falsa, posto que non todo o mundo pode acceder ás posición sociais máis desexables, primeiro porque estas son por definición escasos, e segundo porque a maioría están repartidas de antemán. […] A sociedade deixa de ser culpable porque cada quen é xa responsable da súa propia sorte. A imaxe de discriminación social deixa paso á de éxito ou o fracaso individual, e para máis sinais, escolar”. Novamente podemos remontarnos a exemplos próximos a nós. Quen non coñece a Armancio Ortega? No mes de marzo deste ano 2009, La Voz de Galicia publica “ O empresario español Amancio Ortega, cunha fortuna de 18.300 millóns de dólares, ocupa en 2009 o décimo posto en relación de individous con maior riqueza do mundo, informou hoxe a revistar Forbes”. Este refrescón de memoria debería ir acompañado da súa biografía no apartado, no punto onde Amancio Ortega deixou os seus estudos e con 13 anos o contrataron de “neno para todo” nunha tenda na Coruña. Isto non é unha iniciativa a comezar a traballar con 13 anos, como se facía hai escasas décadas, senón que realmente o pasar pola escola non é seguro de nada. Ben certo é que se queres ser médico tes que estudar medicina, igual que se queres ser fontanero debes saber de fontanería, pero se queres estar entre as máis altas clases con gran poder adquisitivo? Se queres ser artista? Se queres ser actor? Ata que punto unha educación formal e oficial na escola che pode valer de algo? “A escola é unha institución que xestiona colectivos máis que individuos” declara o Dr. Enguita, así que ata que punto a escola é capaz de potenciar as mellores facetas de cada neno? Un profesor para cada trinta alumnos (a media normal de alumnos nunha clase na escola) é suficiente? A “omnipotencia de decidir que ensinar, como ensinalo e como avalialo” estimula ós máis novos a explotar as súas habilidades?

Cada persoa ten un ritmo de aprendizaxe diferente, cada ser humano é único e as súas diferencias nas habilidades contribúen á súa diferenciación. Hai persoas que teñen unha elevada memoria fotográfica, outras precisan ver e tocar para coñecer e memorizar. Aínda que segundo os expertos, maiormente os coñecementos que almacenamos por sempre na nosa memoria son os que nos causaron algún tipo de emoción como sorpresa, curiosidade… A maioría de estudantes recoñece non acordarse do temario de asignaturas do ano pasado, se tiveran que repetir ese exame unha grande parte optaría polo non. O psicólogo Ricardo Ros ademais opina que “a aula escola é o menos apropiado para aprender. Habitacións cheas de mesas e cadeiras, sen espazo físico para moverse, nenos encaixonados, obrigados a permanecer quietos durante horas. Imaxínanse se se obligara a un neno a aprender a falar ou camiñar nesas condición?”

E se a aprendizaxe tivese unha evolución natural ligada ás emocións e sensacións de cada persoa? Seríamos capaces de conservar a información na nosa memoria? O psicólogo, mantén que “devolver a naturalidade á aprendizaxe é un reto para todos os profesionais da ensinanza”.

Se queres saber máis da escolarización na casa, investiga e contacta en:

http://dalleuncolinho.blogspot.com/2008/11/nace-educar-na-casa.html

http://librescomoelvolcan.blogspot.com/

http://amigoshomeschoolers.blogspot.com/

http://decangrejosyermitanos.blogspot.com/

http://www.crecersinescuela.org/

http://www.educacionlibre.org/

http://alasyaletas.blogspot.com/

http://es.groups.yahoo.com/group/educacionlibre/

Consulta a entrevista con Lois Ferradás nesta mesma web!