Arquivo por etiquetas: nenos

Crítica cine: “Petete y Trapito”

Petete-y-Trapito

FICHA TÉCNICA

  • Título: Petete y Trapito

  • Intérpretes: Pedro Domingo Suero, Enrique Conlazo, Marcelo Chimento, Cristina y Hugo

  • Equipo técnico:

-fotografía: Osvaldo A. Domínguez

-música: Nestor D´Alessandro

-efectos especiais: Osvaldo A.Dominguez

-animación: Néstor Córdova, Horacio Colombo, Natalio Zirulni, Carlos Alberto Pérez Agüero

-escenografía: Hugo Csecs, Walter Canevaro

· Arxentina

Duración:
88 minutos

Color

Animación
Infantil

Apta para todo público

ARGUMENTO:

Trapito é un espantapáxaros con corazón de ouro cravado ó chan que desexa ser libre. Un bo día coñece a un gorrión chamado Salapín ó que lle salva a vida e de ahí xorde unha bonita amizade. Isto se convertira nunha tenra historia chea de aventuras e perigos, risas e tamén instantes tristes. Entre os seus compañeiros aparecerán amigos coma Larguirucho, Espumita e Cabaliño de mar e tamém malvados inimigos coma o pirata Malapata e o Pulpo Cruel.

Sen dúbida algunha esta é unha das películas que ningún neno debería perderse. Como película infantil é moi sobresaínte posto que é divertida, amena e interesante. Ademais cunha animación máis que correcta para ser unha película do ano 1975, así coma as músicas moi pegadizas e alegres. Os personaxes son memorables para os nenos, quédanse con eles rapidamente e síntense identificados en certa maneira cos debuxos que ven.

O máis importante deste filme sen dúbida algunha son os moitos valores que transmite: tenrura, liberdade, compañeirismo, amizade, amor, compaixón, bondade…

Esta é unha película que non pasa de moda, a largometraxe que marca a infancia de todo neno e que, coma eles, está chea de ilusións. É unha boa forma de inculcarlle os nenos máis pequenos os grandes valores do ser humano a través dunha forma de entretemento amena e divertida para eles.

A mensaxe é clara vivir a vida con alegría, aproveitar a oportunidade de ser mellor persoas, vivir ó máximo, perseguir os noso soños…en definitiva ter unha ilusión.

¡Peto Peteiro investiga!

Porque a natureza pode deixarnos coa boca aberta!

monobocaabierta

Se queres que lle sigamos a pista ó teu animal preferido, mándanos a proposta ó mail petopeteiro@gmail.com!

Ata o de agora averigüamos que…

Dentro do grupo dos mamíferos, en tódalas especies a femia vive máis co macho.

mamiferos copia

A maioría das pirañas comen froitos e plantas que caen ó río, non carne.


pirañas

O animal máis rápido dentro do mar é, sen súbida, o peixe vela que en distancias curtas chega a alcanzar os 110 km/h. É o Fernando Alonso das aguas!

pezvela
A xirafa é o único mamífero que non ten cordas vocais polo que é completamente muda.

Jirafa
As xirafas viven en grupos de 20-30 cando son novas. Ó facerse vellas, buscan a soidade.


jiarafas

O escarabello Atlas é un dos insectos máis fortes. Pode levantar máis de 800 veces o seu propio peso! Sería como se un home levantase un tanque!

escaerabajo atlas

A aguia real ve a unha lebre aínda que este a dous kilómetros de distancia.

aguila real pareja roca

Ademais, son unhas aves moi namoradizas xa que pasan toda a súa vida co mesmo compañeiro ou compañeira criando a unha familia ó ano.

aguila real pollitos

As cunchas de moitas caracolas foron utilizadas como trompetas. Tamén como adornos para collares e incluso os indios chegaron a usalas como moedas. Existe unha especie de almexa xigante que pode vivir 200 anos e pesa 300 kilos.

caracolatrompeta

O esquío pode saber se un alimento está bo ou malo por como ule.

ardilla2

Os camaleóns son uns animais moi estraños. Móvense moi despaciño pero poden ver todo moi rápidamente grazas ós seus ollos que xiran cada un pola súa conta. Un ollo pode mirar o paxaro que está voando polo ceo e outro é capaz de mirar como pasa un gusano polo chan.

Camaleon1

Para atrapar ós insectos que comen, teñen unha lingua tan longa como o seu corpo e especialmente pegaxosa. Ademais adaptan a cor da súa pel poñéndoa da mesma cor do sitio no que están para que os seus inimigos non consigan velo.

camaleon2

Os cangarexos teñen os ollos saltóns porque cando hai un perigo, entérranse no fondo do mar e que non todo o mundo sabe, é que os seus ollos se asoman por riba do chan para poder ver o que pasa e estar alerta.

DSC_9332-Cangrejo-Teuchitlan

A estrela de mar vive nas rocas e é un animal tremendamente curioso. Os seus brazos auto rexenéranse cando os perden, incluso un trozo de brazo pode rexenerar ó animal enteiro.

estrella

Nos seus cinco braziños ten centos de tubiños que usan para o movemento, alimentación e respiración. Con eles, abre as cunchas das almexas que comen co seu estómago móbil, aínda que xeralmente aliméntanse de pequenos crustáceos e algas mariñas.

o_sutrsato con estrella mar

O neno e a natureza

 foto1

Vivimos nunha sociedade cada vez máis interactiva onde multitudes de aparatos forman o noso entorno. Como todo, esta forma de vida ten aspectos positivos (comodidade, facilidade na comunicación, rotura das dificultades impostas polo espazo-tempo…) dos que debemos recoller o máximo posible mais non nos debemos esquecer dos lados negativos. A interacción con todos estos aparatos espertan en nós un gran cúmulo de estímulos que producen nerviosismo. Esto pode ter un efecto negativo moi grande nos máis pequenos da casa por ser os máis sensibles. Como solución, aquí propoñémosvos visitas regulares as zonas naturais máis cercanas!

Nós temos sorte e contamos con zonas verdes e preciosas moi preto e debemos aproveitar esta estupenda ventaxa da que non todo o mundo dispón!

Aproveitemos a natureza en familia porque…

foto2

…os espazos abertos axudan a despexar e tranquilizar a mente!

 foto3

. ..disminúe a agresividade e a ansiedade!

foto4

…coa axuda dos pais motivarase aos nenos!

foto5

…desenvolverase a súa creatividade!

 foto6

… desenvolverán o respeto pola natureza, e poderán participar en actividades que involucren o coidado do mediambiente!

 foto7

Na casa o na vila é importante que sempre se trate de fomentar o lado máis natural da vida: facer exercicio físico, experimentar coa arte, cos obxetos, coa roupa… E que a vida cotiá tamén se faga divertida á vez que educativa.

A escolarización na casa


Porque un sabio dixo unha vez: “… atención, os recursos, o amor que unha sociedade dedica ós seus nenos máis pequenos indican como é de grande para esa sociedade a preocupación polo sue futuro, cantos dereitos recoñece ós cidadáns das futuras xeracións”. Tonucci, 1997, p. 5.

ARTIGO

Ana Belén Costoya Viqueira

Personaxes famosas como Agatha Christie, Mozart, Edison ou o xoven Christopher Paolini.- lanzado á fama ós 15 anos coa súa primeira novela Eragon.- non recibiron a educación básica na escola senón que, por diversas razóns, os seus responsables optaron por unha alternativa educativa: a escolarización en casa.

Hoxe en día, en España, non estar escolarizado entre os 6 e 16 anos é unha práctica ilegal. Mais para moitas familias non é unha traba operar á marxe da lei xa que contan co respaldo de diferentes asociación que loitan polo dereito a decidir o tipo de educación que queres ofrecer ós teus fillos. No ámbito nacional, o exemplo o pon a Asociación de Libre Educación (ALE) que leva desde o 2002 traballando a prol da regularización da escolarización na casa ou homeschooling. As familias e asociación que defenden e realizan esta práctica ampáranse no Código Civil onde se recolle expresamente que se debe otorgar unha educación, pero de forma contraria non inclúe nada da obrigación a escolarización.

Outra iniciativa para informar e intentar regularizar, aínda que non sexa por lei, é a encuesta que está levando a cabo Carlos Cabo para a elaboración da súa tesis doctoral. O cuestionario vai dirixido ós pais que renuncian á escolarización de forma que asumen eles mesmos a responsabilidade da formación dos seus pequenos. Grazas a internet, están xurdindo cada vez más portais de información acerca deste método de ensinanza no fogar a través de blogs que realizan as propias familias mostrando as actividades que realizan e como aprendenos seus fillos á vez que disfrutan delas, ou incluso propoñendo citas con outras familias que practican esta mesma modalidade educativa.

Un dos casos máis polémicos que houbo en España tivo lugar a finais de decembro do 2007 cando A Junta de Andalucía pretendía quitar a custodia do seu fillo a uns pais que optaran pola desescolarización. Os pais pertencían a Asociación para la Libre Educación (ALE) e estaban supervisados por s un centro californiano especializado no homescholing. A Junta de Andalucía obrigounos a enviar ó seu fillo de 11 anos a escola antes do 15 de xaneiro xa que, de non facelo, sería declarado “en desamparo” segundo a Lei de Dereitos e Atención ó Menor. O abogado da familia, Xosé Antonio Salazar, explicou como o menor, que ten un profesor na casa, non foi nunca a unha escola pública nin privada pero que é un neno “perfectamente integrado no seu entorno, ten amigos e a súa ensinanza está supervisada por un centro de California (EEUU)” o cal está especializado na educación libre.

A problemática sobre esta modalidade educativa ven dada da man do baleiro informativo que existe, cada reportaxe ou artigo que aborda este tema presenta a súa propia porcentaxe de familias que optan por educar ós fillos nos seus fogares ou en escolas alternativas. Os últimos traballos determinan a cifra en 2.000 familias españolas. O punto final para esta desregularización pode estar a piques de chegar para Cataluña coa enmienda nº 170* establecida na reforma na Lei de Educación de Catalunya apoiada polo actual Goberno da Generalitat de Catalunya (PSC, ICV e ERC).

A escola como obxeto crítico

O certo é que que a escola tal como a coñecemos, é un instrumento moi recente de socialización. Moitos críticos, como o Prof. Dr. D. Mariano Fernandez Enguita declara no seu artigo Sociedade, emprego e escola, que a escola reproduce na súa forma de actuar o goberno que nese momento está ó fronte. Así na Ditadura tiñamos un profesor que representaba a unha figura autoritaria que daba coa regra nas unllas, mandaba ponerse de xeonllos cos brazos alzados e soportando libros nas palmas das mans. Agora, cunha democracia parlamentaria, os alumnos aprenden a delegar o seu poder a outras persoas. Así nace o Consello Escolar onde se atopa a presenza dos proxenitores (representate da Asociacion de Nais de Pais), dos profesores (director, xefe de estudos…) e a representación dos alumnos. Os alumnos para chegar a esta representación teñen que escoller a un delegado de clase e, despois entre todos os delegados, escoller a un representante xeral. Este método de delegación de poder prepara ós alumnos ó sistema político co que se van atopar. A escola os prepara como cidadáns que van responder ante o seu propio sistema. “Cada réxime político, calquera que sexa a súa natureza, apresúrase a servirse da escola para lograr consenso arredor do propio”, explica Mariano Fdez Enguita. A escola procede directamente á inculcación dos coñecementos, valores e actitudes que favorecen a perpetuación da estrutura política da sociedade que forma parte. O exemplo máis claro, recenté e próximo o temos aquí en Galicia. Acabamos de saír dun goberno de bipartito do PSOE e BNG que, entre outras reformas e innovacións educativas, crearan as galescolas que tiña iniciativas como a de poner dous profesores por cada aula e educar no idioma oficial galego. Coa subida do Partido Popular (PP) á Presidencia da Xunta, a implantación deste novo proxecto educativo viuse suprimido voltando ás antigas escolas infantiles.

O profesor Enguita expón que “a educación entra no mercado. A maioría acepta que non se pode posuír grandes propiedades a partir da nada, pero si se pode escalar na xerarquía das organización burocráticas públicas e privadas-as empresas- grazas á educación. A promesa é falsa, posto que non todo o mundo pode acceder ás posición sociais máis desexables, primeiro porque estas son por definición escasos, e segundo porque a maioría están repartidas de antemán. […] A sociedade deixa de ser culpable porque cada quen é xa responsable da súa propia sorte. A imaxe de discriminación social deixa paso á de éxito ou o fracaso individual, e para máis sinais, escolar”. Novamente podemos remontarnos a exemplos próximos a nós. Quen non coñece a Armancio Ortega? No mes de marzo deste ano 2009, La Voz de Galicia publica “ O empresario español Amancio Ortega, cunha fortuna de 18.300 millóns de dólares, ocupa en 2009 o décimo posto en relación de individous con maior riqueza do mundo, informou hoxe a revistar Forbes”. Este refrescón de memoria debería ir acompañado da súa biografía no apartado, no punto onde Amancio Ortega deixou os seus estudos e con 13 anos o contrataron de “neno para todo” nunha tenda na Coruña. Isto non é unha iniciativa a comezar a traballar con 13 anos, como se facía hai escasas décadas, senón que realmente o pasar pola escola non é seguro de nada. Ben certo é que se queres ser médico tes que estudar medicina, igual que se queres ser fontanero debes saber de fontanería, pero se queres estar entre as máis altas clases con gran poder adquisitivo? Se queres ser artista? Se queres ser actor? Ata que punto unha educación formal e oficial na escola che pode valer de algo? “A escola é unha institución que xestiona colectivos máis que individuos” declara o Dr. Enguita, así que ata que punto a escola é capaz de potenciar as mellores facetas de cada neno? Un profesor para cada trinta alumnos (a media normal de alumnos nunha clase na escola) é suficiente? A “omnipotencia de decidir que ensinar, como ensinalo e como avalialo” estimula ós máis novos a explotar as súas habilidades?

Cada persoa ten un ritmo de aprendizaxe diferente, cada ser humano é único e as súas diferencias nas habilidades contribúen á súa diferenciación. Hai persoas que teñen unha elevada memoria fotográfica, outras precisan ver e tocar para coñecer e memorizar. Aínda que segundo os expertos, maiormente os coñecementos que almacenamos por sempre na nosa memoria son os que nos causaron algún tipo de emoción como sorpresa, curiosidade… A maioría de estudantes recoñece non acordarse do temario de asignaturas do ano pasado, se tiveran que repetir ese exame unha grande parte optaría polo non. O psicólogo Ricardo Ros ademais opina que “a aula escola é o menos apropiado para aprender. Habitacións cheas de mesas e cadeiras, sen espazo físico para moverse, nenos encaixonados, obrigados a permanecer quietos durante horas. Imaxínanse se se obligara a un neno a aprender a falar ou camiñar nesas condición?”

E se a aprendizaxe tivese unha evolución natural ligada ás emocións e sensacións de cada persoa? Seríamos capaces de conservar a información na nosa memoria? O psicólogo, mantén que “devolver a naturalidade á aprendizaxe é un reto para todos os profesionais da ensinanza”.

Se queres saber máis da escolarización na casa, investiga e contacta en:

http://dalleuncolinho.blogspot.com/2008/11/nace-educar-na-casa.html

http://librescomoelvolcan.blogspot.com/

http://amigoshomeschoolers.blogspot.com/

http://decangrejosyermitanos.blogspot.com/

http://www.crecersinescuela.org/

http://www.educacionlibre.org/

http://alasyaletas.blogspot.com/

http://es.groups.yahoo.com/group/educacionlibre/

Consulta a entrevista con Lois Ferradás nesta mesma web!

Entrevista a Silvia Andrade Barros, educadora especial

Logo de máis de vinte anos de labor educativo, esta profesora de Educación Especial insiste na importancia básica que ten o ámbito familiar á hora de dar continuidade á formación que se ofrece nas aulas e en xeral dunha maior e xeral concienciación social.
Silvia Andrade Barros, se diplomó en Maxisterio, na especialidade de Pedagoxía Terapeútica, o que vulgarmente coñécese como Educación Especial, fai vinte e tres anos, os mesmos que leva desenvolvendo esta difícil pero importantísima profesión. Nacida na pequena localidade galega de Cuntis, nai de dúas fillas, tamén é especialista en Logopedia e con estudos de Psicoloxía. Na actualidade presta os seus servizos no colexio público Perez Viondi da Estrada.

Podes definirnos a túa profesión?
Basicamente, a atención a un grupo de persoas, nenos no meu caso, cunhas necesidades educativas especiais. En concreto, eu atendo a nenos desde os tres ata os cinco anos, todo o que comprende Educación Infantil.

Que diferenza básica hai entre a educación de nenos con minusvalías e os que consideramos normais?
 Hai bastantes diferenzas, pero a fundamental é que con estes nenos é necesario utilizar uns recursos e uns medios específicos para que o seu desenvolvemento integral sexa posible.

E esta circunstancia, a que obriga á hora de executar o seu traballo? en que modifica a acción educativa?
 Nos medios, nos recursos educativos, na metodoloxía….Así, por exemplo, na execución dos programas educativos. Eles non seguen o programa curricular ordinario, senón que necesitan un axuste dos obxectivos, dos medios, do material, etc, todo iso adaptado ás súas necesidades e características, que é o que se chama unha adaptación curricular individualizada.

Cales son as maiores satisfaccións e os desenganos que máis experimenta no seu traballo?
 Satisfaccións moitísimas, moitísimas. Desenganos, con eles directamente, ningún. Satisfaccións todas as que nos podamos imaxinar como seres humanos. O agarimo, o amor… eles non coñecen o rancor, a envexa…
Con todo parecería a primeira ollada que o traballo tivese que ser máis ingrato que educar a nenos digamos que normalizados…
 Todo o contrario, porque eles, calquera obxectivo que outro neno normal, entre comiñas, poida conseguir nun determinado tempo, eles quizais necesitan moitísimo tempo máis, pero cando ti logras ese obxectivo con ese neno, aínda que sexa abotoar unha camisa, a satisfacción que sentes é moi grande, moi grande, porque para el é moi importante. A satisfacción que a túa sentes é a que lle ves na súa cara, a alegría que lle ves cando logra abrocharse un botón.

Trabállase de xeito coordinado coa familia?
 É necesario, totalmente necesaria a coordinación. Se non hai coordinación entre o persoal do centro que se encarga deles e a familia, o logro dos obxectivos deixa moito que desexar, porque o traballo destes nenos non termina á hora da saída do colexio, non termina con ningún alumno en xeral, pois a familia ten que ser a continuación, pero con estes nenos a cousa é moito máis importante porque eles, debido ás súas características, necesitan un traballo non moi pesado pero si moi constante, non que lles canse moito pero que non deixen de facelo durante moito tempo.

E as familias colaboran?
En xeral, si. Neste centro temos a sorte de que a práctica maioría, por non dicir todas as familias, colaboran bastante.

Cal é a actitude do resto de nenos facía estes?
 Hai de todo, pero en xeral, cando son pequeniños, acéptanos estupendamente, é un neno máis para eles. Danse conta da súa dificultade e a tendencia, o seu instinto, é axudar. Por iso o principio de que se é máis beneficiosa a integración é sobre todo para os demais nenos que para os que son de educación especial, aínda que nisto é certo que hai moita xente que non está de acordo, ata os pais dos demais nenos que non entenden moito esta cuestión, pois cren que o mesmo lles prexudica que os seus fillos teñan compañeiros con necesidades educativas especiais na súa clase porque iso vai baixar o nivel de coñecementos dentro do aula, pero, polo menos na miña opinión, iso non é tan importante, xa que se cadra se perde un tempo á semana porque ese nenos necesitan unha atención individualizada por parte do mestre que nese momento está no aula, pero non é tan importante como a riqueza humana que recibe o seu fillo.

Estes nenos son conscientes da súa discapacidade? E se é así, nalgún momento senten cohibidos ou ata rexeitados?
Depende do seu grao de intelixencia, do seu nivel cognitivo. A menor nivel, menos conciencia do seu problema. Cando son conscientes élles moi angustioso, porque é cando se dan conta das súas limitacións e se a xente que lles rodea non lles axuda e non pon todo o seu interese en que este neno teña unha autoestima considerable para superar todo iso e ter a posibilidade de relacionarse cos seus compañeiros, entón pode ter bastantes frustracións ao longo de toda a súa vida. Por iso é tan importante que desde que estes nenos son chiquitos, e refírome aos que son conscientes das súas dificultades, reciban todo o apoio dunha forma correcta, non apoio do tipo dáme mágoa e axúdolle porque pobrecito, non. Trátase dun apoio emocional, de facelos realistas e conscientes de cal é o seu problema pero tamén de todas as posibilidades que teñen de superar os seus problemas,de gozar dunha vida o máis normalizada posible, que é o fin concreto da educación.

A escola pública conta con suficientes medios para poder atender debidamente a estes nenos?
Para nada, non. As principais carencias son sobre todo de persoal. Tamén material, porque moitas veces os profesionais que nos dedicamos a este tipo de educación temos que buscarnos os nosos propios recursos materiais para que a estes nenos non lles falte de nada. No entanto, cada día vai mellorando a situación e por suposto non é o mesmo agora que cando empecei a traballar, que entón é que non tiñamos nada. Pero aínda segue faltando moitos recursos, persoais e materiais.

A preparación do profesorado é a adecuada? Recíclanse? Ponse ao día de novas técnicas?
 En xeral, si. Hai que dicir que a administración non é que nos obrigue, pois a reciclaxe no maxisterio non é obrigatorio, pero se sobreentiende que hai unha vontade xeral á mellora dos teus coñecementos e preparación como profesional, porque estás facendo algo que para ti é moi importante.

Necesitaríase unha educación da propia sociedade respecto desta problemática?
Si, pero evidentemente isto non depende da administración, si da educación, e neste sentido o fundamental é a educación no seo familiar.

A sociedade está concienciada?

 Mentres os nenos son pequenos, non hai tanta problemática. O problema vai xurdindo e en aumento a medida en que o neno vai crecendo, porque xa desde que sae do colexio, onde os temos máis protexidos e teñen unha atención máis individualizada, polo número de alumnos, porque non é que onde van logo non se lles preste atención, a situación complícase. Desde logo a problemática máis grave é a súa saída profesional, porque case non teñen.

Cal sería a solución?
Unha boa alternativa xa se intentou pór en marcha: a concienciación dos empresarios, a cambio quizais dalgunhas vantaxes para eles que os motiven ou incentiven, porque estas persoas teñen dereito a traballar e poden cumprir perfectamente co seu traballo, é máis, dar moito á sociedade, pero a verdade é que non está conseguido do todo. A xente que traballamos neste tema sempre temos presente a esperanza, a ilusión de que se produza unha melloría.

Necesitarían estas persoas unha educación continua ao longo de toda a súa vida?
A verdade é que si. Evidentemente, desde que son moi pequenos, a formación débese facer a conciencia, cos medios adecuados, contando coa colaboración da familia, que realice co neno os tipos de actividade que se lles indica desde o colexio. Todo iso fai que a súa formación sexa moito mellor e que entón non sexa tan importante que ao longo de toda a súa vida teña que estar recibindo unha formación permanente totalmente.

Que valores bota de menos na actualidade que existían antes?
O respecto entre os propios alumnos e destes aos profesores. É un valor que se está perdendo, e que creo que é fundamental, como o é en calquera relación.

A que cre que se debe esta perda?
Quizais a un tipo de educación demasiado distendida en casa, demasiado flexible e por falta de dedicación dos pais cara aos fillos. O respecto apréndese comunicándose, se os pais e os fillos non o fan, non están xuntos, non teñen vivencias comúns, non se fomenta. Témome que non estamos nunha sociedade máis dialogante que antes, e a evidencia está nunha proba moi cotiá: o gran número de horas que pasan os ninos fronte ao televisor ou ao computador. Esa comunicación deixa moito que desexar.

Escolarización de nenos con discapacidade

Á hora de escolarizar a un neno con discapacidade é necesario elixir a modalidade educativa máis apropiada, a saber:
Ordinaria : é a modalidade habitual , non hai adaptacións nin apoios específicos.
Ordinaria con apoios : é a coñecida popularmente como ?Integración?. Realízanse apoios curriculares e proporciónanse apoios individualizados en momentos determinados da xornada escolar . Desde hai pouco tempo puxéronse en marcha as chamadas ?aulas estables?. Trátase de aulas específicas para alumnos con discapacidades en centros ordinarios. Deste xeito compártese parte da xornada con alumnos con desenvolvemento normal, e parte da xornada trabállanse determinados aspectos específicos.
Educación especial: nesta modalidade educativa os contidos son diferentes. Realízase en centros diferentes aos da modalidade ordinaria. A cociente, contidos, etc son diferentes e adaptados ás necesidades educativas especiais. Dentro dos centros educativos especiais existen centros públicos e centros privados.
No caso de Galicia aprobouse recentemente o novo decreto de atención á diversidade no que se contempla que os alumnos con algún tipo de discapacidade serán escolarizados de forma preferente en colexios dotados de equipamento, recursos e servizos complementarios que permitan dar unha atención máis específica a estes nenos. En cada comarca designarase un centro de cabeceira e haberá ademais outro en cada cidade.
O que se pretende é racionalizar recursos. Por esta razón, se nunha zona xeográfica hai, por exemplo, cinco nenos que sofren algún tipo de minusvalía e requiren de atención específica, en lugar de escolarizalos en cinco centros distintos, intentarase agrupalos nun único colexio.
Sempre que o seu grao de discapacidade non requira dunha maior atención, poderán permanecer escolarizados xunto aos demais nenos do aula e unicamente recibirán clases de apoio para compensar os seus déficits.
Os colexios de escolarización preferente para minusválidos, tanto físicos como mentais, non son, con todo, o único modelo para atender a nenos con minusvalías que propón Educación na súa o seu borrador de decreto.
Dependendo do tipo de discapacidade poderán tomarse medidas máis estritas e agrupar a estes nenos en aulas específicas, separados do resto dos seus compañeiros. Para rematar, cando xa se trate dun tipo de minusvalía severa estes alumnos serán internados nos centros de educación especial que xa están funcionando agora na comunidade autónoma. Unha das novidades que introduce o novo decreto que prepara Educación é que se amplía ata os 21 anos a idade na que estes nenos poderán permanecer escolarizados nos colexios especiais.
A oferta de centros e aulas para escolarizar nenos discapacitados está aínda por determinar. Educación advirte, no seu borrador de decreto, que onde haxa unha escola de Educación Especial esta xa fará as funcións de colexio de referencia para toda a zona xeográfica correspondente. .
No novo borrador de atención á diversidade márcanse ademais cales deben ser as prioridades na educación destes nenos. A súa formación estará enfocada a que adquiran habilidades no autocuidado persoal, de seguridade e da súa saúde, así como fomentar a súa sociabilidad, á vez que adquiran as competencias educativas básicas.
A normativa inclúe tamén a atención a nenos inmigrantes. Estes asistirán ao colexio xunto cos demais alumnos, fóra dos que teñan problemas graves co idioma que serán integrados en aulas específicas para aprender o español. En canto aos estudantes superdotados o novo decreto contempla a posibilidade de flexibilizar a súa escolarización para que poidan avanzar de curso, aínda que non teñan a idade correspondente para superar a etapa.